13 E impúxolle as mans. Ela ficou curada no momento e empezou a loar a Deus.
Vendo isto a xente, asombrouse e glorificaban a Deus por lles dar tal poder ós homes.
collerán serpes coas mans, e se chegan a beber algún veleno, non lles fará mal ningún; imporanlles as mans ós enfermos, e estes curarán.
suplicándolle: A miña filla está a piques de morrer; ven impor sobre ela as túas mans, para que sande, e viva.
E non puido realizar alí ningún milagre, fóra dalgunhas curacións, que fixo impoñendo as mans.
Púxolle outra vez as mans nos ollos; entón empezou a enxergar ben: estaba curado, e vía todo claramente.
Xesús ó vela chamou por ela e díxolle: Muller, quedas ceiba da túa enfermidade.
E no instante recobrou a vista, e foise detrás del, loando a Deus. E todo o pobo, vendo aquilo, tamén loaba a Deus.
A tardiña, cantos tiñan enfermos de calquera doenza leváronllos; el, impoñendo as mans sobre cada un deles, curounos a todos.
Entón Ananías, poñéndose en camiño, entrou na casa, e impoñéndolle as mans, díxolle: Irmán Saulo, quen me manda é o Señor Xesús, que se che apareceu cando viñas polo camiño, para que recobres a vista e te enchas do Espírito Santo.