12 Xesús ó vela chamou por ela e díxolle: Muller, quedas ceiba da túa enfermidade.
Mandou a súa palabra e sandounos, rescatounos da perdición.
Eu deixei que me buscasen os que non me consultaban, (e) deixei que me atopasen os que non me procuraban. Díxenlle a unha nación que non se chamaba co meu nome: "Aquí estou!" "Aquí estou!".
Xesús percorría a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do Reino, curando canta doenza padecía o pobo.
Contra a tardiña leváronlle moitos endemoñados, e coa súa palabra botoulles fóra os espíritos e curou os enfermos todos.
Había alí unha muller eivada por causa dun espírito: había dezaoito anos que estaba dobrada sen se poder endereitar.
E impúxolle as mans. Ela ficou curada no momento e empezou a loar a Deus.
E logo esta filla de Abraham, que leva dezaoito anos atada por Satán, non a imos poder ceibar por ser sábado?