Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 12:5 - Biblia SEPT

5 Vouvos dicir a quen lle tedes que ter medo: temede a quen despois de matar pode meter no inferno. Así, repítovolo, temede a este.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 12:5
16 Iomraidhean Croise  

O Señor maniféstase para facer a xustiza; os malvados caen na propia trapela.


O temor do Señor é a fortaleza dun home, para os seus fillos é un refuxio.


quen non te respectará a ti, Rei dos xentís? Que ben che acae o teu poder! Entre os sabios dos xentís e entre todos os reis, que aniquilador hai coma ti?


lonxe da presenza dos caldeos, pois tíñanlles medo, xa que Ismael, fillo de Netanías, matara a Guedalías, fillo de Ahicam, a quen o rei de Babilonia constituíra gobernador do país.


A min non me tedes respecto? —é o Señor quen fala—. Non tremedes ante a miña presenza? Eu son o que puxen a area de lindeiro para o mar: marxe eterna que el non traspasa; enfurécense as súas ondas, pero non son capaces, revólvense, pero non traspasan a marxe.


Non lles teñades medo ós que matan o corpo pero non poden matar a alma; temede máis ben a aquel que pode arruinar o corpo e a alma no inferno.


E diralles logo ós da súa esquerda: "Arredade de min, malditos; ide para o lume eterno preparado para o Satán e para os seus anxos.


Daquela irán estes ó castigo eterno, e os xustos á vida eterna".


Pero eu dígovos: Todo o que se enrabeche co seu irmán será reo ante o tribunal; quen o alcume será reo ante o Sanedrín; e quen o aldraxe será reo do lume do inferno.


Pero vós estade atentos; déixovolo todo avisado.


Que ninguén se exceda nin asoballe a seu irmán neste asunto, pois o Señor vinga todas estas cousas, como xa vos temos dito e asegurado.


Terrible ten que ser caer nas mans do Deus vivo.


Pois Deus non perdoou os anxos que pecaron senón que os botou ós alxubes escuros do inferno, gardándoos alí para o xuízo.


Dicía a berros: "Respectade a Deus, dádelle gloria! Porque xa chegou a hora do seu xuízo; e adorade o Creador do ceo e da terra, do mar e das fontes das augas".


Quen non respectará e glorificará o teu nome, Señor? Porque só ti es santo. Todas as nacións virán e adorarante prostradas perante Ti, porque os teus xustos xuízos quedaron ben á vista".


A Morte e ó Hades botáronos na lagoa de lume. Esta é a Morte segunda: a lagoa do lume.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan