Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 12:42 - Biblia SEPT

42 Contestoulle o Señor: Quen é, logo, o administrador fiel e prudente, a quen o seu señor encargará o coidado de dar no seu tempo a ración de trigo á servidume?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 12:42
29 Iomraidhean Croise  

Deixando o seu traballo respectivo na construción do santuario, viñeron os sabios artesáns


Loan a un polo seu siso, mais o arteiro será aldraxado.


Que ledicia para un home saber responder por si! e que boa é unha palabra ó seu tempo!


Quen coida da figueira, xantará do froito; quen garda ó seu amo, será honrado.


Érguese cando aínda é noite, dando ordes ós da casa e distribuíndo os mandatos entre as criadas.


O Señor Deus concedeume lingua de discípulo, para saber instruír o cansado cunha palabra que o anime na mañá. El espreguiza pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo.


Para elas constituirei pastores que as apacenten, de xeito que xa non volvan ter medo, nin se espanten, nin se perda ningunha —é o Señor quen fala—.


Comédeslle a manteiga, vestídesvos da súa lá; matades a res gorda, pero o rabaño non o apacentades.


El concluíu: Por iso todo letrado que se fai discípulo do Reino dos Ceos parécese ó dono dunha casa que saca das súas arcas o novo e mais o vello.


Anoitecendo xa, díxolle o dono da viña ó administrador: Chama os xornaleiros e págalles o xornal: empézasme polos últimos e acabas polos primeiros.


Ditoso o criado aquel, a quen o seu amo, cando chega, o atopa cumprindo coa súa tarefa!


O vela, o Señor compadeceuse e díxolle: Non chores.


mandounos onda o Señor a lle preguntar: Es ti o que ten que vir, ou esperaremos por outro?


Coidade de vós e de todo o rabaño do que o Espírito Santo vos constituíu inspectores, para pastoreardes a Igrexa que Deus comprou co sangue do seu propio Fillo.


Por se tardar rógoche que saibas comportarte como convén na familia de Deus, que é a Igrexa do Deus vivo, columna e alicerce da verdade.


Os "presbíteros" que presiden ben son dignos dun dobre honor, maiormente os que se afanan na predicación e no ensino.


pregoa a palabra, insiste a tempo e a destempo, corrixe, reprende, aconsella con toda a paciencia que require a doutrina.


Porque cómpre que o responsable sexa sen tacha, coma administrador de Deus: nin soberbio, nin iracundo, nin insolente, nin camorristas, nin amigo dos cartos;


Facédelles caso e sometédevos ós vosos dirixentes, que eles se desvelan pensando en vós. Xa que teñen que dar contas de vós, que as dean con alegría e non xemendo, que estes xemidos non vos farían ben ningún.


Mirade polos vosos dirixentes, que vos anunciaron a Palabra de Deus; imitade a súa fe; que non vos esqueza de que xeito morreron.


Ora, Moisés mereceu confianza coma criado, para poder testemuñar a toda a casa o que lle foran dicindo;


Cada un esfórcese en servir os outros cos seus dons, os que de Deus recibiu, como corresponde a bos administradores dos diferentes dons de Deus.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan