Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 12:4 - Biblia SEPT

4 E a vós, amigos meus, tamén vos digo: non lles teñades medo ós que matan o corpo, pero xa non poden pasar de aí.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 12:4
20 Iomraidhean Croise  

O respecto humano tende un lazo, mais quen afiúza no Señor ponse a salvo.


—Xa veño para o meu horto, cariño, miña noiva; collín xa a miña mirra e o meu bálsamo, comín xa do meu panal o do meu mel, bebín xa do meu viño e do meu leite. Comede, pois, amigos, e bebede ata embebedarvos de agarimos!


e o seu bicar, tan doce. Todo el é de arelar! Tal é o meu amigo, tal o meu compañeiro, meniñas de Xerusalén.


Ti, Israel, es o meu servo; Xacob, ti es quen eu elixín; ti es a descendencia de Abraham, que me amaba;


Pero ti has cinguir o teu van has erguerte e dicirlles todo o que eu che mande. Non te acovardes por medo deles, non sexa que eu te faga esmorecer diante deles.


Non lles teñas medo, Eu estou contigo para te salvar —é o Señor quen fala—.


lonxe da presenza dos caldeos, pois tíñanlles medo, xa que Ismael, fillo de Netanías, matara a Guedalías, fillo de Ahicam, a quen o rei de Babilonia constituíra gobernador do país.


E ti, fillo de Adam, non teñas medo nin a eles nin ó que eles che digan. Certo que se reviraron contra ti e que te rexeitaron, pero aínda que sentes sobre alacráns, non teñas medo ó que che digan, nin te sintas acovardado ante eles, pois son casa rebelde.


Non lles teñades medo ós que matan o corpo pero non poden matar a alma; temede máis ben a aquel que pode arruinar o corpo e a alma no inferno.


Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos.


Pero non estimo en nada a miña vida, con tal que poida rematar a miña carreira e o servizo que me encomendou o Señor Xesús: dar testemuño da Boa Nova da graza de Deus.


O veren a ousadía con que falaban Pedro e Xoán, sendo como eran xente do pobo e homes sen cultura; e comprendendo que eran os que estiveran con Xesús quedaban admirados.


sen vos deixardes acovardar polos que vos fan a contra: cousa que para eles é un sinal de condenación e para vós é de salvación; e todo por obra de Deus.


Así se cumpriu a Escritura que di: "Abraham tivo fe en Deus e iso valeulle de xustificación", de xeito que mesmo se lle chamou amigo de Deus.


Pero, aínda supoñendo que tivésedes que sufrir por serdes xustos, benaventurados vós: non lles teñades medo nin vos asustedes.


Non teñas medo ningún do que vas sufrir. Ollade que Satán vos ha meter a algúns de vós no cárcere, para vos poñer á proba e teredes sufrimento dez días. Pero mantente fiel ata a morte e dareiche a coroa da vida.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan