Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 12:19 - Biblia SEPT

19 Logo direime a min mesmo: Amigo, xa tes aí reservas para moitos anos; descansa, come, bebe e a vivir!"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 12:19
39 Iomraidhean Croise  

O home, nado de muller, curto de días, farto de inquedanzas,


pois nada levará consigo cando morra nin a súa riqueza irá tras el.


Só un sopro son os homes, unha aparencia os humanos. Postos na balanza, soben máis leves ca un sopro, todos xuntos.


Tesouros mal gañados non dan proveito, pero a xustiza libra da morte.


A coroa dos sabios é a súa riqueza, diadema dos insensatos é a necidade.


A facenda do rico é o seu castelo fortificado, considéraa coma unha alta muralla.


Apartas dela os ollos, e esmorece. pois pode botar ás e coma a aguia fuxir voando cara ó ceo.


Non te gabes do mañá, que non sabes que traerá o hoxe.


Fólgate, rapaz novo, na túa mocidade aleda o corazón no tempo da xuventude, sigue os impulsos do teu ánimo e o que cobicen os teus ollos! (Sabendo non obstante que de todo te ha chamar Deus a render conta).


Non lle resta ó home cousa mellor senón comer e beber e darse boa vida do froito do seu esforzo. E ata estou certo que facer iso pende da man de Deus.


Pero velaí: vós, xúbilo e ledicia: matar becerros, sacrificar reses, comer carne e beber viño. "A comer e beber, que mañá imos morrer".


Ai dos madrugadores que xa de mañanciña andan á procura do licor, e dos retrasados ata alta noite, quentes polo viño!


Ai dos que xuntades unha casa e outra casa! Ai dos que achegades un campo e outro campo de punta a punta, para vivirdes vós sós no medio do país!


Vinde, que eu collo o viño, e emborrachémonos de licor, que mañá será coma hoxe, abundancia moito maior.


Canaán ten na súa man unha balanza falsa, gústalle estafar".


Os que se alegran por Lo Debar e din: "Non conquistamos Carnaim coas nosas forzas?"


Velaí como ofrece sacrificios á súa rede; e incenso, á súa cesta, pois con elas está ben engraxada a súa ración, e a súa comida, con carne exquisita.


E dixo: "Xa o sei: vou desfacer os meus celeiros, e constrúo outros máis grandes e alí meto o trigo todo e todos os meus bens.


Había un home rico que vestía roupa de púrpura e liño fino, e que celebraba todos os días espléndidos banquetes.


Tede conta de vós mesmos; non sexa que vos atordedes na borracheira, na libertinaxe e nas preocupacións da vida, e de súpeto caia sobre vós aquel día;


Se con miras simplemente humanas loitei coas feras en Éfeso, cal sería o meu proveito? Se os mortos non resucitan, comamos e bebamos, que mañá morreremos.


Esa xente vai acabar na perdición; o Deus dela é o bandullo; o orgullo dela está na vergonza: xente que só se interesa polas cousas terreais.


Pero a que se bota á vida do pracer, xa está morta en vida.


Os ricos deste mundo mándalles que non sexan fachendosos, nin poñan a esperanza na riqueza incerta, senón en Deus, que nos dá para gozar de todas as cousas con gran abundancia.


traicioneira, temeraria, foncha, máis amante do pracer ca de Deus;


Vivistes na terra cheos de fartura e cebastes os vosos corazóns nos praceres para o día da matanza.


Pois o tempo pasado foi máis que de abondo para vivirdes vós en plan pagán, afeitos como estabades á luxuria e ós vicios, ás orxías, esmorgas, borracheiras e infames idolatrías.


canta gloria e praceres ela tivo, dádelle outro tanto en tormentos e loito. Porque ela di para si: Estou sentada nun trono de raíña, e nin estou viúva, nin verei o loito.


Guiounos alá e atopáronos ciscados polo campo, comendo e bebendo e facendo festa, pola gran facenda que levaran da terra dos filisteos e do país de Xudá.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan