Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 12:11 - Biblia SEPT

11 Cando vos leven ás sinagogas, ante os maxistrados e autoridades, non vos preocupedes de como vos ides defender e do que ides dicir:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 12:11
14 Iomraidhean Croise  

Agora, ti vai. Eu estarei na túa boca e ensinareiche o que has dicir".


Porque, ollade, eu mándovos profetas, sabios e letrados; a uns matarédelos e crucificarédelos, e a outros flaxelarédelos nas sinagogas, perseguíndoos de cidade en cidade.


Por iso dígovos: non andedes agoniados pola vosa vida (o que ides comer, o que ides beber), nin polo voso corpo (o que ides vestir). Non vale máis a vosa vida cá mantenza, e non vale máis o voso corpo có vestido?


E quen de vós, por máis que se angustie, pode engadir un anaco máis ó tempo da súa vida?


E polo vestido por que vos angustiades? Aprendede dos lirios do campo: como medran, e non traballan, nin fían.


Non andedes angustiados dicindo: "Que imos comer?" ou "que imos beber?" ou "que imos vestir?"


Así que non vos angustiedes polo de mañá; mañá xa traerá a súa angueira. Cada día ten abondo cos seus pesares.


E díxolles ós seus discípulos: Por iso dígovos: non andedes agoniados pola vosa vida (que ides comer) nin polo voso corpo (que ides vestir).


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan