Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 12:1 - Biblia SEPT

1 Tanta era a xente reunida arredor del que se pisaban uns a outros. El comezou a falar dicíndolles primeiramente ós discípulos: Coidadiño co fermento dos fariseos, que é a hipocrisía!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 12:1
18 Iomraidhean Croise  

O rei encargara a garda da porta ó oficial que lle daba apoio co seu brazo, e a xente atropelouno onda a mesma porta, e morreu, segundo dixera o home de Deus, cando fora o rei falar con el.


que o reloucar dos malvados é para pouco e que a ledicia dos impíos dura un intre?


—"Pois que esperanza lle queda ó rebelde cando fina, cando Deus lle quere arrincar a vida?


Pero os malvados anóxanse rancorosos, non claman socorro cando os encadea.


Que os pecadores se estremezan en Sión, e o terror apreixe os impíos: Quen habitará entre nós nun lume devorador? Quen habitará entre nós nas chamas eternas?


Ai de vós, que sodes coma sepulcros que non se ven, e que a xente pisa sen se decatar!


Hipócritas! Se sabedes interpretar o cariz da terra e mais o do ceo, como non sabedes interpretar o momento presente?


Estando el á beira do lago Xenesaret, mentres a xente se amoreaba ó seu arredor, escoitando a Palabra de Deus,


Pero a súa sona espallábase a cada paso máis, xuntándose moita xente para escoitalo e para que lles curase as súas doenzas.


E baixando con eles, detívose nunha valgada cun bo grupo de discípulos e numerosa xente de toda Xudea, de Xerusalén e mais de toda a ribeira de Tiro e Sidón,


O sentilo, glorificaron a Deus pero dixéronlle. Xa ves, irmán, os milleiros de xudeus que abrazaron a fe; e todos son celosos defensores da Lei;


Transmitinvos, xa que logo, antes de nada o que eu mesmo recibín: que Cristo morreu polos nosos pecados conforme ás Escrituras;


Vós, en cambio, estades diante do monte Sión, da cidade do Deus vivo, da Xerusalén celeste; diante de milleiros de anxos, da asemblea


Pola contra, a sabedoría que vén do ceo é primeiramente pura e despois pacífica, sinxela, acolledora, chea de misericordia e de bos froitos, imparcial, sen finximento.


Así que, espídevos de toda maldade, de toda mesquindade e finximento, da envexa e de falar mal dos outros.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan