Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 11:9 - Biblia SEPT

9 Por iso dígovos: "Pedide e recibiredes, buscade e atoparedes, petade a abrirásevos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 11:9
40 Iomraidhean Croise  

No apuro invoco o Señor e El escóitame e líbrame.


Unha cousa pídolle ó Señor, unha cousa procuro: habitar na casa do Señor, todos os días da vida, para gozar da dozura do Señor, visitando o seu templo.


Por ti dime o corazón: —"Buscade a miña presenza". A túa presenza eu busco, Señor.


Temede ó Señor os seus devotos, pois nada lles falta ós que o temen.


Exaltade comigo ó Señor, loemos xuntos o seu nome.


Invócame no tempo do apuro: eu salvareite e ti darasme gloria".


Abrinlle ó meu amigo, pero o meu amigo partira, xa pasara. Busqueino e non o atopei; chameino e non respondeu.


Non falei en secreto, nun lugar do inferno, na escuridade. Non lle dixen á descendencia de Xacob: buscádeme no abismo. Eu, o Señor, proclamo a xustiza, dou a coñecer a rectitude".


Habédesme invocar e viredes onda min; rezarédesme a min, e eu escoitareivos.


Chámame e respondereiche, e mostrareiche cousas grandes e inaccesibles: ti non as coñeces.


Todo canto pidades con fe na oración, recibirédelo.


Quen dos dous fixo a vontade do pai? Respondéronlle: O primeiro. Entón díxolles Xesús: Asegúrovos que os recadadores e mais as prostitutas entrarán no Reino de Deus antes ca vós.


E asegúrovos que nin Salomón en toda a súa gloria se chegou a vestir coma un deles.


Por iso dígovos: canto pidades na oración, crede que o conseguiredes, e darásevos.


E o que vos digo a vós, tamén llelo digo a todos: Estade en vela!


Que todo o que pide, recibe; o que busca, atopa; e a quen peta, abriráselle".


e o que pidades no meu nome, heino facer, para que o Pai sexa glorificado no Fillo.


Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós; e púxenvos para que vaiades e levedes froito e o voso froito permaneza; de xeito que todo o que lle pidades ó Pai no meu nome, volo conceda.


Se permanecedes en min e as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que queirades e hásevos facer.


Respondeulle Xesús: Se coñecése-lo don de Deus e quen é o que che di "dáme de beber", ti mesma lle pedirías a el e el daríache auga viva.


ós que perseveran nas boas obras e buscan a gloria, a honra e a inmortalidade, halles dar vida eterna;


Pois di El: no tempo oportuno, escoiteite; en día de salvación acudinche. Pois agora é tempo oportuno, agora é día de salvación.


Pero sen fe é imposible que un lle agrade a Deus, pois quen quere achegarse a Deus precisa crer que El existe e que recompensa os que o buscan.


Acheguémonos, con liberdade ó trono da graza, para conseguirmos misericordia e atoparmos graza para unha axuda no seu debido tempo.


Se algún de vós está necesitado de sabedoría, que lla pida a Deus, que llela dá a todos abondosamente e sen roñar;


E a oración feita na fe salvará o enfermo; o Señor fará que se erga e, se tiver pecados, perdoaránselle.


e El dános o que lle pidamos, porque cumprimos cos seus mandamentos e facemos o que a El lle agrada.


Pero a vós, ós de Tiátira que non sodes desta doutrina e que non coñecedes os profundos misterios de Satán como eles din, dígovos que non vos impoño outro peso.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan