Cando o rei de Israel leu esta carta, rachou as súas vestiduras exclamou: —"Seica son eu un deus, con poder de dar a morte ou a vida, para que ese me mande dicir que sande un home da lepra? Fixádevos ben e veredes que me está provocando".
Entón puxéronse á espreita e mandáronlle uns espías, que finxían hipocritamente seren boa xente, para ver se o pillaban nalgún delito, e así podéreno entregar á xurisdición do gobernador.
Ti non te fíes; máis de corenta homes deles prepáranlle unha celada e comprometéronse baixo xuramento a non comeren cousa nin beberen ata que o maten; e xa están dispostos, agardando polo teu consentimento.