Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 11:42 - Biblia SEPT

42 Ai de vós, fariseos! Pagades o décimo pola menta, pola ruda e por tódalas verduras, e deixades a un lado a xustiza e mais o amor de Deus. Pero é isto o que hai que practicar, aínda que sen descoidar o outro.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 11:42
22 Iomraidhean Croise  

e os primoxénitos dos nosos fillos e do gando, como está escrito na Lei; así coma os primoxénitos das nosas grandes reses e das pequenas, que se deben levar á casa do noso Deus e ós sacerdotes en función na casa do noso Deus.


Facer o recto e o xusto, prefíreo o Señor ós sacrificios.


O axeitado é que collas disto sen deixar de man aquilo, porque o que teme a Deus foxe dos dous extremos.


"Home, xa se che explicou, que é o bo, que é o que o Señor pide de ti: practicar a xustiza, amar a fidelidade e comportarte humildemente co teu Deus".


O fillo venera ó pai, e o servo ó señor. Pero, se eu son o Pai, onde está a miña veneración? E se eu son o Señor, onde está o meu respecto?" —dívolo o Señor dos Exércitos a vós, sacerdotes que desprezades o meu Nome. E vós dicides: "En que desprezamos o teu Nome?"


Vós cansades o Señor coas vosas palabras, e dicides: "En que o cansamos?" Cando dicides: "Todos os que obran mal son bos ós ollos do Señor: El sente amor por eses"; ou: "Onde está o Deus dos xustos xuízos?"


Pode un home roubar a Deus? Pois vós estádesme roubando a min. E dicides: "En que che roubamos?" "Nos décimos e nas primicias".


Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que lles pechades ós homes o Reino dos Ceos! Nin entrades vós nin deixades entrar ós que o intentan.


Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que pagádelo décimo pola menta, o anís e mais o comiño, e descoidades o máis importante da Lei: a xustiza, a misericordia e a fidelidade! Pero é isto o que hai que practicar, aínda que sen descoidar o outro.


Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que vos parecedes ós sepulcros encalados, que por fóra parecen fermosos e por dentro están cheos de ósos de mortos e de impureza!


Gardo o xaxún dúas veces por semana e pago o décimo de todo canto gaño".


pero ben me decato de que vós non tedes dentro o amor de Deus.


Se un di: "Eu amo a Deus", pero odia a seu irmán, é un mentireiro. Porque quen non ama a seu irmán a quen está vendo, non pode amar a Deus, a quen nunca viu:


Samuel dixo entón: —"Quere o Señor holocaustos e sacrificios ou prefire que o obedezan? Certamente a obediencia vale máis cós sacrificios, a docilidade, máis có lardo dos carneiros.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan