Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 11:40 - Biblia SEPT

40 Sodes parvos! O que fixo o de fóra, non fixo tamén o de dentro?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 11:40
17 Iomraidhean Croise  

Despois dixo Deus: —"Fagamos o home á nosa imaxe e á nosa semellanza, e que mande nos peixes do mar, nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos réptiles todos da terra".


e o Señor Deus formou un home do po da terra, soproulle no nariz o alento da vida e tornouse o home persoa viva.


Do mestre do coro. De David. Pensan os parvos para si: —"Deus non está". Corrompidos, de conduta abominable: non hai quen faga o ben.


El modelou o corazón de todos eles e esculca as súas obras.


—"Ata cando, inxenuos, amaredes a inxenuidade, e os burlóns se gozarán coa burla e os parvos refugarán o saber?


Inxenuos, aprendede a habilidade, necios, adquiride siso;


Escoitade isto, pobo louco e sen xuízo: teñen ollos e non ven, teñen oídos e non escoitan.


Oráculo. Palabra do Señor acerca de Israel. Oráculo do Señor que estende os ceos e que cimenta a terra, que forma o espírito dos homes no seu interior.


Eles, entón, caeron co rostro por terra e exclamaron: —"Deus, o noso Deus, fonte do espírito de todos os viventes!, acaso, se un home só peca, acenderase a túa ira contra toda a comunidade?"


Parvos e cegos! Que é máis importante: o ouro, ou o templo que consagra o ouro?


Fariseo cego, limpa primeiro o interior da copa para que o seu exterior fique tamén limpo.


Pero Deus díxolle: "Insensato, esta mesma noite váiseche reclamar a túa vida: para quen será todo o que fixeches?"


Entón díxolles: Que parvos e lentos sodes para crer todo o que anunciaron os profetas!


Insensato. O que ti sementas non prende na vida, se primeiro non morre.


Aínda máis, nosos pais terrestres eran os que nos castigaban e con todo respectabámolos. E logo non nos habemos de someter con moita máis razón ó Pai do espírito, para podermos vivir?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan