Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 11:4 - Biblia SEPT

4 E perdoa os nosos pecados, como tamén perdoamos nós a todo o que nos debe; e non nos sometas á tentación.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 11:4
31 Iomraidhean Croise  

o anxo que me librou de todo mal, bendiga estes nenos. Que resoe neles o meu nome e o de meus pais, Abraham e Isaac, e que se convertan nun xentío sobre a terra".


escoita ti desde o ceo e perdoa o pecado do teu pobo Israel, e fai que retornen á terra que ti lles deras a seus pais.


escoita ti desde o ceo e perdoa o pecado do teu pobo Israel. Ensínalles o bo vieiro por onde teñen que camiñar, e manda a chuvia sobre a terra que ti deches en herdo ó teu pobo.


O Señor gárdate do mal, El garda a túa vida.


Polo teu nome, Señor, perdoa as miñas culpas, que son grandes.


Olla a miña aflición e os meus traballos, e perdoa os meus erros.


Vólvete, Israel, ó Señor teu Deus, xa que caíches por culpa da túa iniquidade.


Así tamén fará convosco meu Pai celestial, se non perdoades de corazón cada un a seu irmán.


Estade á espreita e orade, para que non entredes na tentación. O espírito está disposto, pero a carne é débil.


Logo continuou: Botade de conta que un de vós ten un amigo, que vos presentades na casa del pola noite, fóra, e que lle dicides: "Amigo, déixame tres bolos de pan,


Seica pensades que aqueles dezaoito que morreron esmagados pola torre de Siloé eran máis culpables cós outros habitantes de Xerusalén?


Díxolles: Como é que estades a durmir? Erguédevos e rogade, para que non caiades na tentación.


Os das pedras son aqueles que cando a oen, acollen con alegría a Palabra; pero, como non teñen raíz, cren por certo tempo, mais, cando vén a tentación, abandonan.


Non che pido que os tires do mundo, senón que os gardes do malo.


E a vós non vos viñeron tentacións que superen as forzas humanas. Fiel é Deus, que non consentirá que teñades tentacións superiores ás vosas forzas: coa tentación havos dar tamén os medios para poder saír dela.


Aturádevos uns ós outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; coma o Señor vos perdoou, perdoádevos tamén vós.


Pero o Señor é fiel e afincaravos e protexeravos do Malo.


O Señor hame librar de toda obra perversa e hame manter vivo para o seu Reino celestial. Sexa para El a gloria polos séculos dos séculos. Amén.


pois terá un xuízo sen misericordia o que non foi misericordioso; a misericordia está por riba do xuízo.


Non teñas medo ningún do que vas sufrir. Ollade que Satán vos ha meter a algúns de vós no cárcere, para vos poñer á proba e teredes sufrimento dez días. Pero mantente fiel ata a morte e dareiche a coroa da vida.


Como ti gardaches as miñas palabras con perseveranza, tamén eu te gardarei a ti no intre da proba, que está a vir sobre todo o mundo, para pór a proba a toda a xente.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan