Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 11:34 - Biblia SEPT

34 A luz do teu corpo é o teu ollo. Se o teu ollo está san, todo o teu corpo estará alumado; pero se está malo, tamén o teu corpo estará na escuridade.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 11:34
28 Iomraidhean Croise  

E ós que estaban á entrada, desde os pequenos ós grandes, feríronos de cegueira, e non puideron dar coa porta.


Abreme os ollos para que vexa as marabillas da túa lei.


Pero o meu pobo non escoitou a miña voz, Israel non quixo nada de min.


Ollar fachendoso e corazón finchado: o facho dos impíos é o pecado.


Home de ollar torcido apúrase a enriquecer, non se decata de que a penuria se lle bota enriba.


porque o Señor verteu dentro de vós un espírito de sono profundo: pechou os vosos ollos, profetas; e cubriu as vosas cabezas, videntes.


Quen é o cego, senón o meu servo? Quen é o mudo, senón o mensaxeiro que eu enviei? Quen está cego? —O meu enviado. Quen está mudo? —O servo do Señor.


Non saben nada nin entenden, están ofuscados; os seus ollos non ven, e a súa mente non pensa.


Ai dos que lle chaman ó mal ben; e ó ben, mal; dos que consideran as tebras luz; e a luz, tebra; dos que consideran o amargo doce; e o doce, amargo!


Entulla o corazón deste pobo, endurécelle os oídos, cégalle coa luz os ollos; que non vexa cos seus ollos, nin escoite cos seus oídos, que o seu corazón non comprenda e non se arrepinta e o cure".


Escoitade isto, pobo louco e sen xuízo: teñen ollos e non ven, teñen oídos e non escoitan.


de tal xeito que mirar miren, pero non vexan; escoitar escoiten, pero non entendan: non sexa que se convertan e se lles perdoe.


os adulterios, as cobizas, as maldades, os fraudes, os desenfreos, as envexas, as blasfemias, a soberbia, os desatinos.


Tendes ollos, e non vedes; oídos e non oídes? Xa non vos acorda


Mira ben, logo, que a luz que hai en ti non sexa realmente escuridade.


Pois agora vai vir sobre ti a man do Señor; ficarás cego, e non verás a luz do sol por algún tempo. E no instante caeron enriba del a escuridade e as tebras e, tentando ó arredor, buscaba quen o guiase pola man.


Todos a unha asistían diariamente ó templo, partían o pan nas casas, comendo con alegría e sinxeleza de corazón;


para que lles abras os ollos a fin de que volvan das tebras á luz e do poder de Satán a Deus e, pola fe en min, reciban o perdón dos pecados e mais a herdade entre os santos".


O noso orgullo é o testemuño da nosa conciencia, de nos comportar no mundo e non digamos convosco, coa santidade e transparencia de Deus, non con sabedoría humana senón por graza de Deus.


Temo que, así como a serpe seduciu a Eva coa súa astucia, así tamén se trastornen os vosos criterios, arredándovos da sinceridade que lle debedes a Cristo.


pola súa incredulidade o deus deste mundo cegoulles o entendemento para que non vexan o esplendor do Evanxeo da gloria de Cristo, que é imaxe de Deus.


de xeito que o Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai glorioso, vos conceda espírito de sabedoría e de revelación, para coñecer o ben;


Escravos, obedecede escrupulosamente ós vosos amos neste mundo con sinceridade coma a Cristo;


Escravos, obedecede en todo ós amos que tedes na terra, non para buscar o contento dos homes que ven o voso servizo, senón de corazón por respecto ó Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan