Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 11:2 - Biblia SEPT

2 Respondeulles: Cando recedes, dicide: Pai, sexa santificado o teu Nome! Pai, veña o teu Reino!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 11:2
45 Iomraidhean Croise  

escoita ti desde o ceo, lugar da túa morada, e fai o que o estranxeiro che pida, para que todos os pobos do mundo coñezan o teu nome, te teman coma o teu pobo Israel, e saiban que o teu nome é invocado neste templo que eu che construín.


Agora, Señor, noso Deus, sálvanos da súa man, para que saiban os reinos do mundo que soamente ti es Deus, Señor".


e exclamou: —"Señor, Deus de nosos pais, non es Ti o Deus do ceo, o que goberna os reinos da terra, cheo de forza e de poder, a quen ninguén pode resistir?


Bendicide o Señor, os seus anxos, seres poderosos ás súas ordes, que obedecedes a súa palabra.


O teu amor é máis alto có ceo, a túa fidelidade chega ata as nubes.


O Señor desde o seu santuario, o Señor desde a súa sede no ceo, axexa cos seus ollos ós homes, escrútaos coas súas pupilas.


O teu amor alcanza ata o ceo, a túa fidelidade, ata as nubes.


Xa que: "No moito se ocupar, vén o sono e nas moitas palabras, a voz do necio".


Pois ti es o noso Pai. Certamente Abraham non nos recoñece, nin Israel nos entende, (pero) ti, Señor, es o noso Pai, o "noso Redentor desde sempre" é o teu Nome.


Pois vou facer que se recoñeza a santidade do meu grande Nome, profanado entre as nacións nas que vós o profanastes. Entón recoñecerán estas nacións que eu son o Señor —é o meu Señor, Iavé, quen fala—, cando eu vos faga recoñecer a miña santidade na súa presenza.


Vólvete, Israel, ó Señor teu Deus, xa que caíches por culpa da túa iniquidade.


Díxolle Moisés a Aharón: —"Isto tíñavolo ben advertido o Señor con estas verbas: Mostrarei a miña santidade nos que me están máis próximos, manifestarei a miña gloria diante dos ollos de todo o pobo". Aharón calou.


Boi ou ovella desproporcionada ou pequeneira poderase ofrecer como sacrificio espontáneo, pero non será acepto para cumprir un voto.


Pois toda a terra coñecerá a gloria do Señor, como as augas enchen o mar.


Todo o que volva por min diante dos homes tamén eu hei volver por el diante de meu Pai celestial.


Convertédevos, que xa chega o Reino dos Ceos.


Alume así a vosa luz ós homes, para que, vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está nos Ceos.


Dunha vez despois de estar el orando en certo lugar, un dos discípulos pediulle: Mestre, apréndenos a rezar, como lles aprendeu Xoán ós seus discípulos.


A todos os predilectos de Deus, que estades en Roma, chamados a serdes santos, deséxovos graza e paz de parte de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.


Pois non recibistes un espírito de escravitude, para volverdes ó medo. Non. Vós recibistes un espírito de fillos adoptivos, grazas ó que podemos gritar: "Abbá": Pai!


desexámosvos graza e paz de parte de Deus, noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.


graza e a paz de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.


quen, conforme ó plan do noso Deus e Pai, se entregou polos nosos pecados, para nos arrincar deste mundo ruín en que vivimos.


deséxovos a braza e paz de Deus noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.


desexámosvos a graza e paz de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.


Gloria a Deus, noso Pai, polos séculos dos séculos. Amén.


ós santos e fieis irmáns en Cristo Xesús que viven en Colosas: desexámosvos a graza e paz de Deus, noso Pai.


Paulo, Silván e mais Timoteo, á Igrexa dos tesalonicenses, en Deus Pai e no Señor Xesús Cristo: deséxanvos graza e paz.


nos lembramos diante de Deus, noso Pai, da actividade da vosa fe, do esforzo da vosa caridade e da firmeza da vosa esperanza no noso Señor Xesús Cristo.


E que o mesmo Señor noso Xesús Cristo e mais Deus, o noso Pai, que nos amou e que nos deu gratuitamente azos duradeiros e boa esperanza,


Logo tocou o sétimo anxo e oíronse uns fortes berros desde o ceo, que dicían: "O reinado do mundo pasou a ser do noso Deus e do seu Mesías! El reinará polos séculos dos séculos".


Quen non respectará e glorificará o teu nome, Señor? Porque só ti es santo. Todas as nacións virán e adorarante prostradas perante Ti, porque os teus xustos xuízos quedaron ben á vista".


Logo oín algo coma o algareo dunha gran multitude, coma o ruxido das augas abundantes e coma o estrondo dun forte trono, que dicía: "Aleluia! Porque comeza o Reino do Señor, o noso Deus, que todo o sostén.


Logo vin uns tronos. Os que sentaban neles déuselles o poder de xulgar. Vin tamén as ánimas dos degolados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus e mais as dos que non se prostraron para adorar a besta nin a súa imaxe nin recibiron a marca da besta na súa fronte nin nas súas mans. Estes volveron vivir e comezaron a reinar con Cristo mil anos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan