15 pero algúns deles dixeron: Este bota fóra os demoños co poder de Belcebul, xefe dos demos.
Abóndalle ó discípulo chegar a ser coma o seu Mestre; e ó servo coma o seu Señor. Se ó dono da casa o alcumaron Belcebul, canto máis ós da súa casa!
Trouxéronlle, daquela, un endemoñado cego e mudo. El curouno e o mudo falaba e vía.
Falábase del en toda Siria e traíanlle enfermos con toda clase de doenzas e padecementos, endemoñados, epilépticos, tolleitos; e a todos curaba.
Pero os fariseos dicían: Bota os demoños co poder do xefe dos demoños.
Moitos deles dicían: Ten o demo e está tolo. Por que o escoitades?
Respondeu a xente: Seica tes o demo! Quen te quere matar a ti?
Os xudeus replicáronlle: Non dicimos con razón que ti es un samaritano e que tes o demo no corpo?
Entón dixéronlle os xudeus: Agora si que vemos que tes o demo: Abraham morreu e os profetas tamén, e ti dis "quen fai caso da miña palabra, non morrerá endexamais".