7 Permanecede na mesma casa, comendo e bebendo do que teñan, que o obreiro ten dereito ó seu xornal. Non andedes dunha casa para outra.
Poderédelo comer en calquera lugar, vós e a vosa casa, pois constitúe o voso salario a cambio do voso servizo na Tenda do Encontro.
E avisounos: Cando entredes nunha casa, permanecede nela ata que vos marchedes.
E se alí hai xente de paz, sobre ela repousará a vosa paz; se non a hai, volverá convosco.
Na casa onde entredes, quedade ata que marchedes.
Despois de se bautizar cos seus, rogábanos así: "se me tedes por unha fiel do Señor, vide parar na miña casa". E obrigounos.
Despois fíxoos subir á súa casa, preparoulles a mesa, e celebraron unha festa por crer en Deus con todos os da súa casa.
O saíren do cárcere, foron á casa de Lidia; viron os irmáns, animáronos e marcharon.
Cando un vaia á doutrina onda outro, faga parceiro dos seus bens ó que lla ensina.
E faredes festa na presenza do Señor, o voso Deus, vós e mais os vosos fillos e fillas, e os vosos servos e servas, e tamén o levita que viva dentro das portas das vosas cidades, pois non ten parte nin herdanza convosco.
Comerán a partes iguais, a non ser que sexa un dos levitas que xa vendeu a súa parte ós que a precisan.
O mesmo tempo afanse a ser preguiceiras, andando polas casas; e non só preguiceiras senón tamén baralleiras e falando o que non convén.
Pero o labrego que traballa é o primeiro que ten dereito a participar dos froitos.