5 Cando entredes nunha casa, antes de máis nada dicide: "Paz a esta casa".
crearei un canto de loanza: Paz, paz, para os de lonxe e mais para os de cerca —fala o Señor—, si, curareino".
Non levedes saco, nin alforxa, nin calzado, nin vos paredes a parolar con ninguén polo camiño.
E se alí hai xente de paz, sobre ela repousará a vosa paz; se non a hai, volverá convosco.
Entón Xesús dixo: Hoxe chegou a salvación a esta casa, pois tamén este é fillo de Abraham.
El mandoulles -la súa palabra ós fillos de Israel, anunciándolles a Boa Nova da paz por Xesús Cristo: este é o Señor de todos.
El veu e anunciou a paz: paz para vós os de lonxe, e paz para os que estaban cerca:
Dicídelle: Saúde! A paz contigo, coa túa familia e con toda a túa facenda.