Unha cousa pídolle ó Señor, unha cousa procuro: habitar na casa do Señor, todos os días da vida, para gozar da dozura do Señor, visitando o seu templo.
Dunha vez despois de estar el orando en certo lugar, un dos discípulos pediulle: Mestre, apréndenos a rezar, como lles aprendeu Xoán ós seus discípulos.
Vendede os vosos bens e dádeos en esmola, facede bolsas que non se estraguen, un tesouro inesgotable no ceo, onde o ladrón non pode chegar e onde a traza non o bota a perder.
Oíndo aquilo Xesús díxolle: Aínda che queda unha cousa: vende todo canto tes, e repárteo entre os pobres, e terás un tesouro no ceo; e despois ven e sígueme.
Entón María, collendo unha libra de perfume de nardo puro, de moito prezo, unxiu os pés de Xesús e enxugoullos cos seus cabelos. A casa quedou chea do recendo do perfume.
pero o que beba da auga que eu lle darei, nunca mais terá sede: a auga que eu lle darei, converterase dentro del nunha fonte que saltará ata a vida eterna.
Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura deica a vida eterna, o que vos dará o Fillo do Home: pois el é a quen o Pai Deus marcou co seu selo.
Poño hoxe por testemuñas contra vós o ceo e mais a terra: poño diante de ti a vida e a morte, a bendición e a maldición; escolle a vida, para que poidas vivir feliz, ti e a túa descendencia,
E, se vos anoxa servir ó Señor, escollede hoxe a quen ides servir: se ós deuses que serviron vosos pais na outra banda do río, ou ós deuses dos amorreos, os da terra que habitades. Eu e mais a miña familia serviremos ó Señor".