41 Pero o Señor respondeulle: Marta, Marta, preocúpaste e desacóugaste con tantas cousas,
O moito falar disto non fai máis que aumentar o sen sentido. De que lle serve ó home?
pero moi axiña as preocupacións do mundo, o engano das riquezas e mais as ambicións, asolágana, afógana, e queda sen froito.
Cando ían de camiño, entrou en certa aldea, e unha muller chamada Marta acolleuno na súa casa.
Marta, en troques, estaba moi apurada co labor da casa; e achegándose a el, díxolle: Señor, non che importa que a miña irmá me deixe a min o traballo? Dille que me bote unha man.
E díxolles ós seus discípulos: Por iso dígovos: non andedes agoniados pola vosa vida (que ides comer) nin polo voso corpo (que ides vestir).
Tede conta de vós mesmos; non sexa que vos atordedes na borracheira, na libertinaxe e nas preocupacións da vida, e de súpeto caia sobre vós aquel día;
Os das silvas son os que a escoitan; pero por mor das preocupacións, riquezas e praceres da vida, non chega a madurecer.
Había un enfermo, Lázaro de Betania, da aldea de María e da súa irmá Marta.
Xesús queríalles moito a Marta, á irmá dela, e mais a Lázaro.
Fixéronlle alí unha cea. Marta servía, mentres que Lázaro era un dos comensais.
Non desacouguedes por cousa ningunha. En todo presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de grazas.