40 Marta, en troques, estaba moi apurada co labor da casa; e achegándose a el, díxolle: Señor, non che importa que a miña irmá me deixe a min o traballo? Dille que me bote unha man.
Chegada a tarde, os discípulos foron onda el e dixéronlle: O lugar está moi arredado e a hora moi avanzada: será mellor que despidas a xente para que vaian ás aldeas e merquen comida.
Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura deica a vida eterna, o que vos dará o Fillo do Home: pois el é a quen o Pai Deus marcou co seu selo.