34 e achegándose a el, curoulle as feridas con aceite e viño e vendoullas. Logo, montouno na súa cabalgadura, levouno a unha pousada e coidouno.
A noite, na pousada, un deles abriu a saca para lle dar penso ó seu burro, e atopou na boca da saca o seu diñeiro.
Sana os corazóns quebrados e venda as súas feridas.
Nunha pousada, ó longo da viaxe, o Señor saíulle ó paso a Moisés e tratou de matalo.
Ela fixo o que puido. Adiantouse a unxir o meu corpo para o enterro.
Pero un samaritano, que ía de camiño polo mesmo lugar, ó velo, sentiu mágoa
O outro día colleu dous denarios, deullos ó pousadeiro, e díxolle: "Coida del, e cando volva xa che pagarei o que gastes de máis".
e deu á luz o seu fillo primoxénito. Envolveuno nuns capizos e deitouno nunha manxadoira, na corte das bestas, porque dentro da pousada non había lugar para eles.
Pero se o teu inimigo ten fame, dálle de comer; se ten sede, dálle de beber: obrando así, amoreas brasas acesas enriba da súa cabeza.
Mirade que ninguén lle devolva a ninguén mal por mal; polo contrario, procurádevos sempre o ben uns ós outros, e a todos.