32 Igual fixo un clérigo, que pasaba por alí: ó chegar e velo, deu un rodeo.
Fan burla de min, ó verme, abanean a cabeza.
Non desbotes ó teu amigo nin ó de teu pai, e non terás que ir á casa de teu irmán no día da desgraza.
Non é acaso repartir o teu pan co famento e acoller na túa casa os pobres sen pobo? Cando vexas o espido, vísteo e non te escondas da túa propia carne.
Cadrou a baixar polo mesmo camiño un sacerdote, que, ó velo, deu un rodeo e pasou de largo.
Pero un samaritano, que ía de camiño polo mesmo lugar, ó velo, sentiu mágoa
pero Paulo berroulle: "non te firas, que estamos todos aquí".
Entón, botaron man de Sóstenes, o xefe da sinagoga, e déronlle unha malleira diante do tribunal, pero Galión non quixo saber nada.
A xente volverase egoísta, avariciosa, fachendosa, presumida, maldicente, mal guiada cos seus pais, sen caridade, impía,