Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 10:21 - Biblia SEPT

21 E naquel momento exclamou cheo de gozo do Espírito Santo: Bendito sexas, Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles agachaches estas cousas ós sabios e prudentes, e llas revelaches á xente humilde. Si, meu Pai, bendito sexas por che agradar iso así.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 10:21
29 Iomraidhean Croise  

Salmo de David. Do Señor é a terra e canto a enche, o orbe e canto nel habita.


O segredo do Señor é para os que o temen, e instrúeos coa súa alianza.


Señor, noso Señor, que grande é o teu nome en toda a terra! A túa maxestade érguese por enriba do ceo.


Por isto, velaí: eu volverei a asombrar este pobo, facendo marabillas e prodixios: a sabedoría dos seus sabios perecerá e a intelixencia dos seus intelixentes quedará enterrada".


Alí haberá unha calzada, unha verea, e á calzada chamaráselle Vía Sacra. Nada impuro pasará por ela: o mesmo Señor camiñará con eles, e os homes non se desviarán.


Polos traballos da súa vida verá a luz, alcanzará a sabedoría. O Xusto volverá xusto o seu Servo para o ben de moitos e as iniquidades destes el soportará.


Como casa un mozo cunha virxe, así casará contigo o teu Construtor. O gozo que sente o noivo pola noiva, sentirao o teu Deus por ti.


Así fala o Señor: "O ceo é o meu trono e a terra é o estrado dos meus pés. Cal é a casa que me ides construír? Cal é o lugar do meu descanso?


O Señor, o teu Deus, está no medio de ti, é un heroe que salva. El salta de alegría por ti, embrúxate co seu amor, dá brincos de alegría por ti.


E Xesús contestoulle: Ditoso ti, Simón, fillo de Xonás; porque iso non cho revelou ninguén de carne e sangue, senón meu Pai que está no ceo.


e dixéronlle: Seica non oes o que estes nenos din? Xesús respondeulles: Si, e logo nunca lestes aquilo: Da boca dos meniños de peito fixeches saír unha loanza?


Como se decatara de que moitos fariseos e saduceos viñan a que os bautizase, díxolles: Raza de víboras! Quen vos ensinou a fuxir do castigo que está a chegar?


Asegúrovos que aquel que non reciba coma un neno o Reino de Deus, non entrará nel.


E cando a atopa, volve todo contento


E cando a atopa, chama polos amigos e veciños para lles dicir: "Alegrádevos comigo, que atopei a moeda perdida".


Arredaron entón a pedra. Xesús ergueu os ollos e dixo: Meu Pai, douche grazas porque me escoitaches.


Se o noso Evanxeo continúa velado, é para aqueles que se perden:


Por El tamén nós tivemos a sorte de resultar preelixidos segundo o designio daquel que activa todo conforme o proxecto da súa vontade,


El decidiu xa daquela facernos fillos por medio de Xesús Cristo, para El, conforme o designio da súa vontade,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan