Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 10:20 - Biblia SEPT

20 Con todo, non vos alegredes de que os espíritos se vos sometan: alegrádevos, máis ben, de que os vosos nomes estean escritos no ceo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 10:20
19 Iomraidhean Croise  

engádelles culpas sobre culpas e non teñan acceso á túa xustificación.


Pero rógoche que agora lle perdoes o pecado. E se non, táchame a min tamén do libro onde rexistras".


Entón o que quede en Sión, e o resto de Xerusalén chamarase santo. Si, todo el será inscrito en Xerusalén no libro da vida.


Ti, Señor, es a esperanza de Israel: todos os que te abandonan, hanse avergonzar; a min foime dito que todos estes se han escribir debaixo da terra, porque deixaron a fonte das augas da vida: o Señor.


A miña man estará contra os profetas que profetizan visións ilusorias e adiviñanzas mentireiras; eles non formarán parte da asemblea do meu pobo, nin serán inscritos no censo da Casa de Israel, nin entrarán na terra de Israel. Así recoñeceredes que eu son o Señor, Iavé.


E chamando ós doce discípulos, deulles poder para botaren os espíritos malos e curaren toda enfermidade e doenza.


O Fillo do Home vaise, como está escrito del; pero ai daquel que entrega ó Fillo do Home! Máis lle valía non nacer.


El, guindando as moedas no templo, marchou, e foise aforcar.


E tamén a ti, meu leal compañeiro de traballo, pídoche que lles botes unha man: que elas loitaron canda min polo Evanxeo xunto con Clemenzo e outros colaboradores meus que teñen o seu nome no Libro da Vida.


en festa dos primoxénitos censados no ceo, e diante de Deus, xuíz de todos, e das ánimas dos xustos que xa chegaron á súa perfección,


E todos os habitantes da terra, que desde o comezo do mundo non teñen o seu nome escrito no libro da vida do Año que foi degolado, adoraron a besta.


A besta que viches existía pero xa non existe, e vai subir do abismo camiño da súa perdición; e os habitantes da terra, que non teñen os seus nomes escritos no libro da vida desde a creación do mundo, hanse admirar ollando que a besta existía, que xa non existe e que volverá aparecer.


Logo vin os mortos, grandes e pequenos, de pé diante do trono; e abríronse uns libros. Abriuse tamén outro libro, o libro da vida é ós mortos xulgáronos polo escrito nos libros, conforme as súas obras.


A quen non apareceu inscrito no libro da Vida botárono na lagoa do lume.


pero endexamais non entrará nela nada lixado nin ningún idólatra, ou mentireiro: só os que están inscritos no libro da vida, que ten o Año.


O vencedor vaise vestir así con vestidos brancos e endexamais non borrarei o seu nome do libro da vida e responderei por el diante do meu Pai e diante dos seus anxos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan