E Moisés díxolles aínda: —"Esta noite daravos o Señor carne que comer e pola mañá pan a fartar, pois escoitou as vosas murmuracións contra El. Porque que somos nós? Non murmurastes contra nós, senón contra o Señor".
O fillo venera ó pai, e o servo ó señor. Pero, se eu son o Pai, onde está a miña veneración? E se eu son o Señor, onde está o meu respecto?" —dívolo o Señor dos Exércitos a vós, sacerdotes que desprezades o meu Nome. E vós dicides: "En que desprezamos o teu Nome?"
e o Señor díxolle a Moisés: —"Por canto tempo me ha aldraxar este pobo? Por canto tempo se negará a crer en min, con todos os prodixios que teño feito diante deles?
Todos os fillos de Israel murmuraron contra Moisés e Aharón, e toda a xente dicía: —"Oxalá morrésemos no país do Exipto! Oxalá morrésemos neste deserto!
e díxolles: Quen acolle a este neno no meu nome, acólleme a min, e aquel que me acolle a min, acolle a quen me mandou; porque o que é máis pequeno entre vós, ese é o máis importante.
Non eras libre de a venderes ou non? E vendida, non continuaba no teu poder? Como se che ocorreu faceres isto? Non enganaches os homes, enganaches a Deus.
Así e todo, vós non me desprezastes nin cuspistes no chan por mor daquela miña doenza (que para vós fora unha tentación), senón que aínda me acollestes coma se eu fose un anxo do ceo, coma se fose Cristo Xesús.