Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 10:15 - Biblia SEPT

15 E ti, Cafarnaúm, seica pensas que vas chegar ata o ceo? Alagaraste no abismo!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 10:15
20 Iomraidhean Croise  

E nisto propuxeron: —"Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome de sona, para non nos perder pola ancha face da terra".


Si, o Xeol ensancha a súa gorxa e abre sen medida a súa boca, a nobreza e mais a plebe destinadas ó Xeol baixarán a el, ó Xeol baixarán o barullo e a ledicia.


Aínda que Babilonia suba ata o ceo, aínda que faga máis esgrevia a altura do seu refuxio, baixo as miñas ordes entrarán nela os devastadores —é o Señor quen fala—.


entón fareite baixar onda os que baixaron ó Foxo, onda os pobos doutros tempos, e fareite habitar nas profundidades, nas eternas ruínas, cos que baixaron ó Foxo, para que non volvas reinar, nin volvas encher de esplendor a terra dos vivos.


E, así, a quen te parecías en gloria e grandeza entre as árbores do Edén? Farante baixar xunto coas árbores do Edén ás profundidades da terra, e deitaraste no medio dos incircuncisos, xunto cos pasados pola espada. Tal será o Faraón e todo o seu exército —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


—Fillo de Adam, entoa unha lamentación pola tropa de Exipto; fai baixar a tropa cos seus afáns de poder, e as cidades das nacións poderosas ata as profundidades da terra, xunto cos que baixan ó abismo.


que caen canda os acoitelados pola espada. Entréganse espadas que dispersan a Exipto e a toda a súa tropa.


Pero non están deitados xunto cos heroes que caeron separados dos incircuncisos e que baixaron ó Xeol coas súas armaduras de guerra, que puxeron as súas espadas debaixo das súas cabezas e os seus escudos sobre os seus esqueletos, pois o terror dos heroes estendérase polo mundo dos vivos.


Pois aínda que subas coma unha aguia, e poñas o teu niño entre as estrelas, fareite baixar de alá —é o Señor quen fala—.


Non lles teñades medo ós que matan o corpo pero non poden matar a alma; temede máis ben a aquel que pode arruinar o corpo e a alma no inferno.


E ti, Cafarnaún: Seica pensas que vas chegar ata o ceo? Asolagaraste no abismo! Porque se en Sodoma se fixesen os milagres que se fixeron en ti, aínda duraba hoxe.


Deixando Nazaret, foise establecer en Cafarnaúm, na beira do mar, en terras de Zebulón e Naftalí,


Daquela habedes chorar e hanvos renxer os dentes: cando vexades que Abraham, Isaac, Xacob e todos os profetas están no Reino de Deus, e que a vós vos botan para fóra.


Estando no lugar dos mortos, no medio dos tormentos, erguendo os ollos viu a Abraham e mais a Lázaro no seu seo.


Onde imos nós subir? Os nosos irmáns fixeron esmorecer os nosos corazóns, ao diciren: Son un pobo máis grande e máis corpulento ca nós, cidades máis grandes e máis cortadas a pico có ceo e mesmo vimos alí anaquitas.


Pois Deus non perdoou os anxos que pecaron senón que os botou ós alxubes escuros do inferno, gardándoos alí para o xuízo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan