Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 1:8 - Biblia SEPT

8 E resulta que, estando el exercendo o sacerdocio diante de Deus, segundo a quenda do seu grupo,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 1:8
16 Iomraidhean Croise  

Así foron distribuídas para o seu ministerio, para que entrasen na casa do Señor ás ordes de Aharón, conforme os mandatos que lles dera Iavé, Deus de Israel.


Nadab e Abihú morreron antes ca seu pai e non deixaron fillos. Elazar e Itamar cumpriron a función sacerdotal.


os levitas abandonaron os seus eidos e posesións para establecerse en Xudá e Xerusalén, porque Ieroboam e os seus fillos lles prohibiran exercer o sacerdocio do Señor,


Respecto ós sacerdotes aharonitas que vivían nos arrabaldes das cidades, en todas elas había persoas encargadas nominalmente de prover ós sacerdotes varóns e a todos os levitas inscritos no rexistro.


Ezequías organizou por clases ós sacerdotes e levitas, asignando a cada un a súa función sacerdotal ou levítica: ofrecer holocaustos e sacrificios de comuñón, dar grazas e loar e servir á entrada dos campamentos do Señor.


Seguindo as prescricións do seu pai David, asignou ás clases sacerdotais os seus servizos; ós levitas, as súas funcións de cantar e oficiar na presenza dos sacerdotes, segundo o rito de cada día; e ós porteiros encargounos por grupos de cada unha das portas. Así o dispuxera David, o home de Deus.


Os sacerdotes, por grupos, e os levitas por clases estableceron o culto do templo de Xerusalén, de acordo coas prescricións do libro de Moisés.


Manda vir onda ti a teu irmán Aharón e a seus fillos Nadab, Abihú, Elazar e Itamar. De entre todos os israelitas serán eles os meus sacerdotes.


Así é como vestirás a teu irmán Aharón e a seus fillos. Unxiralos e consagraralos, para que me sirvan como sacerdotes.


Este é o rito da consagración dos sacerdotes. Colle do gando un xovenco e dous carneiros sen defecto.


Consagrarei a Tenda do Encontro e mais o altar, consagrarei a Aharón e a seus fillos coma os meus sacerdotes.


cinguiráslles o cíngulo. O mesmo a Aharón coma a eles poralles as súas mitras. O sacerdocio será a súa propiedade para sempre. Así é como investirás a Aharón e a seus fillos.


Unxirás a Aharón e a seus fillos, para que me queden consagrados na función de sacerdotes.


Ti, non obstante, e teus fillos contigo exerceredes a vosa función sacerdotal en todo o que toca ó altar e á parte interior do veo: é unha doazón que vos fago eu a vós, o voso sacerdocio, e calquera estraño que se aproxime, morrerá".


Houbo no tempo de Herodes, rei de Xudea, un sacerdote chamado Zacarías, do grupo de Abías, casado cunha muller descendente de Aharón, chamada Isabel.


Non tiñan fillos, por ser Isabel estéril e estaren os dous moi entrados en anos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan