Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 1:77 - Biblia SEPT

77 Anunciándolle a salvación ó seu pobo mediante o perdón dos pecados,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 1:77
19 Iomraidhean Croise  

El é de quen todos os profetas dan este testemuño: todos os que crean nel recibirán polo seu nome o perdón dos pecados.


pois a este enxalzouno Deus coa súa dereita, facéndoo Xefe e Salvador, a fin de lle outorgar a Israel a conversión e o perdón dos pecados.


Pedro respondeulles: Arrepentídevos e cambiade, que cada un de vós se faga bautizar no nome de Xesús para o perdón dos seus pecados, e recibiredes o don do Espírito Santo.


Arrepentídevos, logo, e convertédevos, para que se borren os vosos pecados;


E eu vino e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus.


O outro día, vendo a Xesús, que viña cara a el, dixo: Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo!


E todos verán a salvación de Deus.


Entón el percorreu toda a rexión do Xordán, pregoando un bautismo de conversión, para acadar o perdón dos pecados,


quen co seu sangue nos acadou a redención e o perdón dos pecados, en proba da xenerosidade da súa graza.


Xa ninguén terá que instruír o compañeiro, xa ninguén terá que instruír o seu irmán, dicíndolle: "Respectade o Señor"; senón que todos eles me farán caso, desde o máis noviño ó máis grande —é o Señor quen fala—, pois eu perdoareilles a súa iniquidade, e xa non me lembrarei máis dos seus pecados.


Pois Deus púxoo a El coma propiciatorio no que, pola fe, se expían os pecados mediante o seu sangue. Así mostra que era xusto cando deixaba sen castigo os pecados cometidos antes,


Entón díxolles Paulo: Xoán bautizaba cun bautismo de conversión, dicíndolle ó pobo que cresen no que viña despois del, é dicir, en Xesús.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan