Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 1:7 - Biblia SEPT

7 Non tiñan fillos, por ser Isabel estéril e estaren os dous moi entrados en anos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 1:7
16 Iomraidhean Croise  

Abraham prostrouse por terra e sorriu, pensando para si: —"Un home de cen anos terá un fillo, e Sara ós seus noventa parirá!"


Abraham e Sara eran vellos, moi entrados en anos, e ela xa deixara de ter a regra das mulleres.


Isaac pregou ó Señor pola súa muller que era estéril. O Señor escoitouno e Rebeca, súa muller, quedou embarazada.


Vendo Raquel que non lle podía dar fillos a Xacob e, celosa da súa irmá, díxolle ó seu home Xacob: —"Dáme fillos, ou morro".


O rei David ía xa vello, moi metido en anos, e por máis que o cubrían de roupa, non quecía.


Pero Eliseo insistiu: —"Que se pode facer por ela?".


Houbo no tempo de Herodes, rei de Xudea, un sacerdote chamado Zacarías, do grupo de Abías, casado cunha muller descendente de Aharón, chamada Isabel.


Ambos eran xustos ante Deus, pois gardaban sen fallas os seus mandamentos e preceptos.


E resulta que, estando el exercendo o sacerdocio diante de Deus, segundo a quenda do seu grupo,


E non abalou na fe, aínda que ben vía que o seu corpo xa estaba morto tiña ó pé de cen anos e que morto estaba tamén o seo de Sara.


Pola fe e por considerar merecente de fe ó que lle prometera descendencia, el, aínda que estaba fóra da idade axeitada e aínda que a mesma Sara era estéril, recibiu poder para fundar descendencia.


Tiña dúas mulleres, unha chamada Ana e a outra Peninah. Peninah tivera fillos, mais Ana non tiña ningún.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan