—"Bendito sexa o Señor, Deus do meu amo Abraham, que non lle negou ó meu amo o seu amor e a súa fidelidade. El foi quen me guiou no meu camiño, ata a casa dos seus parentes".
Logo dixo David a toda a asemblea: —"Bendicide agora a Iavé, o voso Deus"; e toda a asemblea bendiciu ó Señor, Deus de seus pais, e, prostrándose, oraron ante o Señor perante o rei.
e ofrendando o seu propio sangue, non o sangue de carneiros ou de becerros, entrou dunha vez para sempre no santuario e, deste xeito, conseguiu unha redención definitiva.
Loado sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo! Que pola súa grande compaixón, resucitou a Xesús Cristo da morte e nos fixo renacer a unha vida que se nos dá en esperanza,