Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 1:6 - Biblia SEPT

6 Ambos eran xustos ante Deus, pois gardaban sen fallas os seus mandamentos e preceptos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 1:6
33 Iomraidhean Croise  

Abram tiña noventa e nove anos, cando se lle apareceu o Señor para lle dicir: —"Eu son o Deus Xadai. Camiña de acordo comigo e se perfecto.


Esta é a historia de Noé. Noé era un home xusto, enteiro, entre as xentes do seu tempo. Seguía os camiños de Deus.


O Señor díxolle a Noé: —"Entra na arca con toda a túa familia, pois teño visto que ti es o home xusto desta xeración.


En verdade, David fixera o que é xusto ós ollos do Señor e non se afastara dos seus mandamentos en toda a súa vida, fóra do caso de Urías o hitita.


En canto a ti, se camiñas na miña presenza, como fixo teu pai David, con recto e sinxelo corazón, facendo o que che mando, gardando as miñas normas e as miñas decisións,


—"Ai, Señor, tenme en conta que sempre andei con sinceridade e integridade diante de ti, e que fixen o que é debido ós teus ollos". E rompeu a chorar, desfeito en bágoas.


senón o Deus de seu pai, cumprindo os seus preceptos; non imitou a conduta de Israel.


Houbo unha vez un home na terra de Us, que se chamaba Xob. Era o tal un home íntegro e xusto, que temía a Deus e se arredaba do mal.


Díxolle Iavé a Satán: —"Xa reparaches no meu servo Xob? Home coma el non o hai no mundo, íntegro e xusto, temeroso de Deus e arredado do mal".


—"Abofé, ben sei que é así; pois que dereito podería ter un home ante Deus?


Non sufrirei decepción, se me fixo nos teus ditados.


Non tiñan fillos, por ser Isabel estéril e estaren os dous moi entrados en anos.


El díxolles: Vós, moita fachenda de perfectos; pero Deus coñécevos por dentro; e o que loce ante os homes é noxento para Deus.


Vivía nese tempo en Xerusalén un home xusto e piadoso, chamado Simeón, que agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que estaba con el,


Xa David di del: Eu vía decote o Señor diante miña, xa que está á miña dereita, para que eu non vacile;


Paulo entón, ollando para o Sanedrín, dixo: Irmáns, ata hoxe en todo me comportei con boa conciencia diante de Deus.


Por iso, esfórzome sempre en ter unha conciencia sen lixo diante de Deus e diante dos homes.


Non tes parte nin sorte neste asunto, porque o teu corazón non é recto diante de Deus.


Deste xeito o mandato da Lei pode cumprirse en nós, que non vivimos xa conforme a esa condición, senón conforme ó Espírito.


Felicítovos por vos lembrar de min en todo, e por manterdes as tradicións tal como volas entreguei.


O noso orgullo é o testemuño da nosa conciencia, de nos comportar no mundo e non digamos convosco, coa santidade e transparencia de Deus, non con sabedoría humana senón por graza de Deus.


Seguide todo o camiño que vos mandou o Señor, voso Deus, e deste xeito viviredes, seredes felices e alongaredes os días que recibiredes en herdanza.


para serdes sen chata e sinxelos, "fillos de Deus sen mancha no medio dunha xente raposeira e atravesada", onde vós relucides coma fachos no universo,


pero agora Deus reconciliouvos pola morte do corpo perecedoiro do seu fillo, para vos presentar santos diante del, sen chata e irreprensibles ós seus ollos.


Que El afinque os vosos corazóns nunha santidade sen tacha diante de Deus, noso Pai, cando veña o noso Señor Xesús con todos os seus santos.


Por iso, meus amigos, mentres agardades isto, collede a peito que El vos atope en paz, sen tacha nin defecto.


Xa sabedes que Cristo é xustificador; tirade, logo, de aquí a consecuencia: que todo aquel que fai o que é xusto, é fillo del.


Sabemos que o coñecemos de verdade polo feito de que cumprimos cos seus mandamentos.


Meus fillos, que ninguén vos extravíe: quen fai o que é xusto, vólvese xusto, xa que imita a Aquel que é xusto.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan