Entón todas as árbores do monte caerán na conta de que eu, o Señor, derreo a árbore ergueita e levanto a árbore derreada; seco a árbore verde e fago florecer a árbore seca. Eu, o Señor, díxeno e fareino.
Non é este o carpinteiro, fillo de María e irmán de Santiago, Xosé, Xudas e mais Simón, e as súas irmás non viven aquí connosco? Estaban realmente escandalizados.
Asegúrovos que este baixou reconciliado con Deus para a súa casa e, en cambio, o outro non. Porque a todo o que se teña por moito rebaixarano e a todo o que se rebaixe enaltecerano.