Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 1:51 - Biblia SEPT

51 Manifesta o poder do seu brazo, desbaratando os plans dos soberbios.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 1:51
32 Iomraidhean Croise  

O Señor espallounos de alí por toda a terra, e deixaron de construír a cidade.


O ver o Señor que a maldade dos homes medraba na terra e que todos os seus pensamentos eran só para o mal,


Agradoulle ó Señor o recendo e decidiu: —"Non maldicirei a terra outra vez por mor dos homes, por máis que a súa inclinación tenda cara ó mal desde a súa mocidade. Non ferirei outra vez a todos os seres vivos, como acabo de facer.


Oense cantares de gozo e de vitoria nas moradas dos xustos: a dereita do Señor é valente,


O Señor estraga o consello das nacións, desbarata os designios dos pobos.


—"Este é o valente que non buscaba en Deus refuxio. Confiaba nas súas riquezas, facíase forte nos seus crimes".


toda a miña vida te bendigo e levanto no teu nome as miñas mans.


Ti dominas a soberbia do mar, acalas s ondas levantadas.


Ti creaches o norte e o sur, o Tabor e o Hermón exultan no teu nome.


Salmo. Cantádelle ó Señor un cántico novo, pois fixo marabillas, a súa dereita e o seu brazo déronlle a vitoria.


Agora sei que o Señor é máis ca todos os deuses, pois así o mostrou cando eles se erguían contra vós".


Velaí o meu Señor Iavé que chega con poder; si, o seu brazo domina. Velaí a súa paga con el, o seu xornal diante del.


Esperta, esperta e revístete de poder, brazo do Señor! Esperta coma nos días de antes, coma nas xeracións eternas. Acaso non fuches ti quen matou a Ráhab, e acoitelou ó Dragón?


O Señor remangou o seu brazo santo ós ollos de todos os pobos, e todos os confíns da terra viron a salvación do noso Deus.


O que fixo avanzar o seu glorioso brazo por medio da destra de Moisés, o que partiu as augas diante deles, construíndose para si un renome eterno.


Velaí: convértote no máis pequeno dos pobos, no máis desprezable da humanidade.


Porque, cando coñeceron a Deus, non o loaron coma tal, nin lle deron grazas; máis ben, parvearon con matinacións baleiras e o seu corazón insensato encheuse de tebras:


e toda altivez que se ergue contra o coñecemento de Deus; encadeamos todo pensamento á obediencia, someténdoo a Cristo;


Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto ós teus propios ollos?


Tamén os mozos habedes ser ben guiados cos responsables. No trato cos demais revestídevos todos vós dun pensar humilde, porque Deus oponse ós soberbios, pero concédelles a graza ós humildes.


Por isto nun único día hanlle vir as súas pragas: peste, desgraza e fame, e volverase cinsa no lume, porque poderoso é o Señor, o Deus que a condena".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan