Porque así fala o Altísimo, o Excelso, o que reside na sala do seu trono, que ten de Nome o Santo: "Eu resido no templo celeste, (pero) tamén co humillado e co de espírito abatido, para reanimar o espírito dos abatidos, e para revitalizar o corazón dos humillados.
"Quen é este que chega de Edom, de Bosrah con vestidos tinxidos de vermello? Quen é este que está adornado cos seus vestidos, cangado co peso do seu moito poder?" "Eu, que falo da xustiza, que son Señor para salvar".
Polo Señor suspiro, como por un forte loitador; por isto os meus perseguidores caen, non me poden. Quedarán cubertos de vergonza porque non tiveron éxito, non deixarán esquecida esta vergonza perpetua.
Quen non respectará e glorificará o teu nome, Señor? Porque só ti es santo. Todas as nacións virán e adorarante prostradas perante Ti, porque os teus xustos xuízos quedaron ben á vista".
E cada un destes catro animais tiña seis ás, cheas de ollos en todo o arredor e por fóra. Non tiñan acougo nin de día nin de noite, proclamando: "Santo, Santo, Santo, Señor Deus, que todo o sostén, o que era, o que é e o que está a vir".