4 A fin de que coñezas ben a firmeza das ensinanzas nas que te instruíron.
para te informar da verdade das palabras axustadas, e poidas así traer razóns exactas a quen te envíe.
Estes escribíronse para que creades que Xesús é o Mesías, o Fillo de Deus e, crendo, teñades vida nel.
Instruírase no camiño do Señor e con espírito afouto predicaba e ensinaba con exactitude no tocante a Xesús, aínda que só coñecía o bautismo de Xoán.
ti que coñeces a súa vontade e, adoutrinado pola Lei, acertas o que é mellor;
Pero na asemblea prefiro dicir cinco palabras contadas, pero que se entendan e que poidan instruír tamén ós demais, antes ca un discurso enteiro co don de linguas.
Cando un vaia á doutrina onda outro, faga parceiro dos seus bens ó que lla ensina.