39 Naqueles mesmos días saíu María con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá.
María contestou: Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches. E o anxo marchou de onda ela.
Entrou na casa de Zacarías e saudou a Isabel.
Os veciños quedaron todos abraiados, e por toda a montaña de Xudea non se falaba doutra cousa.
Conquistou así Xosué todo o país: a montaña, o Négueb, a Xefelah e mais as vertentes. De todos os seus reis non deixou nin rastro, e exterminou todo ser vivo, tal como mandara o Señor, Deus de Israel.
E escolleron a Quédex, en Galilea, na serra de Naftalí, a Xequem, na serra de Efraím, e a Quiriat—Arbá —que é Hebrón—, na serra de Xudá.