entón entrarán polas portas desta cidade os reis e príncipes, que sentan no trono de David, montados en carros e cabalos, acompañados dos seus oficiais, e mais a xente de Xudá e os habitantes de Xerusalén; e esta cidade durará para sempre.
A raíña do Sur enfrontarase no Xuízo con esta xeración e fará que a condenen; porque ela veu desde o cabo do mundo para escoitar a sabedoría de Salomón e aquí está quen é máis ca Salomón.
Eu bautízovos con auga para que vos convertades. Pero o que vén detrás miña é máis forte ca min, e nin tan sequera son digno de lle levar as sandalias. El havos bautizar co Espírito Santo e con lume.
O anxo replicoulle: O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus.
pero el declarou diante de todos: Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte ca min, e a quen eu non son digno de lle desatar os amallós do seu calzado. El havos bautizar con Espírito Santo e con lume.
Vosoutros non; vós amade os vosos inimigos, facede o ben e emprestade sen esperardes nada a cambio. E así teredes unha gran recompensa e seredes fillos do Altísimo, pois El é bo cos malos e desagradecidos.
Respondeulle entón a xente: Nós coñecemos pola Lei que o Mesías permanece para sempre; como dis ti que ten que ser erguido o Fillo do Home? Quen é ese Fillo do Home?
Ó anxo da Igrexa de Filadelfia escríbelle: Isto di o Santo, o Verdadeiro, quen ten a chave de David, quen, se el abre, ninguén pecha, e, se el pecha, ninguén abre: