27 onda unha mociña prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María.
Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a dela. Ti tentarás de atanguerlle o calcañar, pero ela esmagarache a cabeza".
Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal: Velaí a doncela: está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome Emmanuel;
Ata que día andará de aquí para alí esta filla divorciada? Cando o Señor cree o novo pacto no país, a muller volverá ó seu home.
Xacob xerou a Xosé, esposo de María, da que naceu Xesús, chamado Cristo.
O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo.
Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poñeranlle de nome Emmanuel (que quere dicir "Deus connosco").
Entrando onde estaba ela, díxolle: Alégrate, chea de graza, o Señor está contigo.