24 Días despois, concibiu a súa muller Isabel, que se ocultou durante cinco meses. E dicía para si:
Ela concibiu e deulle un fillo a Abraham na súa vellez, no tempo que Deus fixara.
Pero a muller concibiu e pariu un fillo, no ano seguinte, naquelas datas, segundo lle dixera Eliseo.
E, cando rematou o tempo do seu ministerio, foise para a súa casa.
Isto é obra do Señor, que se dignou librarme desta vergonza diante da xente.
Houbo no tempo de Herodes, rei de Xudea, un sacerdote chamado Zacarías, do grupo de Abías, casado cunha muller descendente de Aharón, chamada Isabel.
O primeiro libro fíxeno, Teófilo, acerca de todo o que Xesús obrou e ensinou desde o comezo,