22 Cando por fin saíu, sen lles poder falar, comprenderon que tivera algunha visión no Santuario. El facíalles acenos, permanecendo mudo.
Eu farei que se che apegue a lingua ó padal e volveraste mudo, de xeito que xa non serás para eles o home que os reprende, pois son casa rebelde.
E, mentres, o pobo esperaba por Zacarías, sorprendido de que se demorase tanto dentro do Santuario.
E, cando rematou o tempo do seu ministerio, foise para a súa casa.
Preguntáronlle por sinais ó pai, como quería que se chamase.
Entón Simón Pedro fíxolle un aceno, para que lle preguntase a quen aludía.
Acenoulles coa man para que calasen e contoulles como o Señor o librara da prisión e díxolles: Mandádelle recado a Santiago e ós irmáns. E liscou de alí para outro sitio,
Entón, saíu de entre a xente Alexandro, animado polos xudeus, que, acenando coa man, pediu a palabra para darlle explicacións á xente.
Deulle permiso, e Paulo, de pé nas escadas, acenou coa man pedíndolle silencio á xente. Fíxose un gran silencio e díxolles isto en lingua hebrea.