21 E, mentres, o pobo esperaba por Zacarías, sorprendido de que se demorase tanto dentro do Santuario.
El, guindando as moedas no templo, marchou, e foise aforcar.
A Xesús chamoulle moito a atención oír aquilo, e díxolles ós que o seguían: Asegúrovos que non atopei a ninguén cunha fe tan grande en todo Israel.
E fíxate ben: vas quedar mudo e non poderás falar ata o día no que aconteza todo isto, xa que non criches nas miñas palabras que se han cumprir no seu tempo.
Cando por fin saíu, sen lles poder falar, comprenderon que tivera algunha visión no Santuario. El facíalles acenos, permanecendo mudo.