19 O anxo respondeu: Eu son Gabriel, o que estou preto de Deus e mandoume para falar contigo e darche esta boa nova.
Coidadiño con desprezar a un destes cativos! Asegúrovos que os seus anxos, no ceo, están sempre contemplando o rostro do meu Pai celestial.
E fíxate ben: vas quedar mudo e non poderás falar ata o día no que aconteza todo isto, xa que non criches nas miñas palabras que se han cumprir no seu tempo.
Os seis meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret,
Pero o anxo díxolles: Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha gran alegría para todo o pobo.
Vós vixiade sempre, e pregade para que poidades escapar de todo o que está por vir, e comparecer así seguros diante do Fillo do Home.
Pois logo, xa que temos un gran Sumo Sacerdote que xa penetrou no ceo, Xesús, o Fillo de Deus, manteñamos a esperanza que profesamos.