Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 1:17 - Biblia SEPT

17 Camiñará diante del co espírito e poder de Elías, para reconciliar pais con fillos, ensinarlles ós rebeldes o proceder dos xustos e preparar así un pobo ben disposto para o Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 1:17
38 Iomraidhean Croise  

Elías o texbita, de Tixbé de Galaad, díxolle a Acab: —"Pola vida do Señor, Deus de Israel, a quen sirvo! Non caerá orballo nin chuvia estes anos, se eu non o mando".


E el respondeulle: —"Non son eu a ruína de Israel, senón ti e a túa familia, porque abandonastes os mandamentos do Señor e fostes tralos baales.


Acab díxolle a Elías: —"Descubríchesme, meu inimigo". El respondeulle: —"Descubrinte. Xa que te vendiches, facendo o mal ós ollos do Señor,


Elías díxolle: —"Isto di o Señor: mandaches mensaxeiros consultar a Baal—Zebub, deus de Ecrón, coma se non houbese Deus en Israel, para consultar a súa palabra. Por iso, do leito ó que subiches, non volverás baixar, pois morrerás sen remedio".


Iavé, Deus de Abraham, de Isaac e de Israel, de nosos pais, conserva para sempre no corazón do teu pobo esta vontade e estes pensamentos, e encamiña a ti o seu corazón.


Ezequías e o pobo alegráronse de que Deus movese ó pobo, porque todo sucedeu nun abrir e pechar os ollos.


Ti acolles, Señor, o desexo dos pobres: confórtaos e aténdeos;


O temor do Señor é o principio da sabedoría: asisados son os que o practican; a súa loanza é eterna.


Así non serán coma seus pais, xente rebelde e teimuda, raza de ánimo inquedo, de espírito infiel a Deus.


Entón os de espírito extraviado coñecerán o que é ter siso, e os murmuradores aprenderán a instrución que se lles dá.


Por iso voute tratar deste xeito, Israel; e porque te vou tratar así aparéllate para o encontro co teu Deus".


El é Elías, o que tiña que vir; así que aceptádeo, se queredes.


Porque Xoán non paraba de lle dicir: Non che está permitido vivir arrimado con ela.


El era de quen dixera o profeta Isaías: Unha voz clama no deserto: Preparade o camiño do Señor, endereitade os seus vieiros.


Xoán ía vestido con pelos de camelo e cun cinguideiro de coiro no van, e mantíñase de saltóns e mel bravo.


Converterá a moitos fillos de Israel ó Señor, o seu Deus.


E a ti, meu meniño, hanche chamar profeta do Altísimo, porque irás por diante do Señor, preparando os seus camiños,


Estes, non naceron do sangue, nin da vontade da carne, senón de Deus.


E eu vino e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus.


Vós mesmos sodes testemuñas de que eu dixen: "Eu non son o Cristo, senón que me mandaron diante del".


Mandeiche recado de contado e tiveches a amabilidade de vir. Agora, todos nós estamos na presenza de Deus para oírmos todo o que o Señor che mandou.


e isto para dar a coñecer a abundancia da súa gloria en favor dos que eran obxecto de misericordia, que de antemán preparou para a gloria?


e darédeslle grazas ó Pai que nos fixo merecentes de participar na herdade dos santos, na luz.


Polo tanto, se un se limpa destas cousas, será un utensilio honorable, santificado, útil para o dono, axeitado para todo uso bo.


Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para pregoardes as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable.


Pois logo, meus fillos, seguide en comuñón con el, para que cando se nos manifeste o día que volva, teñamos unha seguridade confiada e non nos sintamos fracasados lonxe del.


Logo vin uns tronos. Os que sentaban neles déuselles o poder de xulgar. Vin tamén as ánimas dos degolados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus e mais as dos que non se prostraron para adorar a besta nin a súa imaxe nin recibiron a marca da besta na súa fronte nin nas súas mans. Estes volveron vivir e comezaron a reinar con Cristo mil anos.


Samuel mandoulles entón: —"Reunide en Mispah a todo Israel e pregareille ó Señor por vós".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan