Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 1:15 - Biblia SEPT

15 Será grande ante o Señor e non beberá nin viño nin licor. Desde o mesmo ventre da súa nai estará cheo do Espírito Santo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 1:15
22 Iomraidhean Croise  

Eu farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un nome de sona, que será exemplo de bendición.


Pero o pai negouse a facelo: —"Xa o sei, meu fillo, xa o sei. Tamén este chegará a ser un pobo; tamén el medrará moito. Pero seu irmán máis novo será máis ca el e os seus descendentes farán moitas nacións".


estiven contigo por onde queira que ti andaches; exterminei perante ti a todos os teus inimigos e fixen o teu nome semellante ó dos grandes da terra;


Túas son as riquezas e a gloria, ti es o dono de todo. Na túa man está a forza e o poderío. É a túa man quen todo o engrandece.


—"Acode ó Señor, que El o libre, que El o salve, se é que o ama".


—Antes de que te sacara do seo da túa nai, mireite; antes de lle saíres das entrañas, consagreite; constituínte profeta para as nacións.


Pero eles responderon: —Nós non beberemos viño, xa que Ionadab, fillo de Recab, o noso pai, deunos estas normas: "Non bebades viño nunca máis nin vós nin os vosos fillos;


—"Non beberás viño nin ningunha outra cousa que poida embebedar, nin ti, nin teus fillos, cando teñades que entrar na Tenda do Encontro, e non morreredes. Estatuto perpetuo para as vosas xeracións,


O Señor dos Exércitos protexeraos, pero as pedras da súa fonda devorarán e esmagarán; si, beberán sangue coma viño, e encheranse coma a copa dos sacrificios, coma os cornos do altar.


Será para ti gozo e alegría, e moitos se alegrarán co seu nacemento.


E dígovos: aínda non naceu de muller ninguén meirande do que Xoán Bautista, aínda que o máis pequeno no Reino de Deus é meirande ca el.


Porque aparece Xoán Bautista, que non come nin bebe, e dicides: "Ten o demo no corpo".


Xoán era o facho que ardía e alumaba, e vós quixestes gozar un instante da súa luz.


Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito.


Mais cando a Aquel, que xa desde o seo da miña nai me puxera á parte e chamou por min pola súa graza,


Non vos emborrachedes con viño, que leva á libertinaxe; en vez diso enchédevos de Espírito,


Dixo o Señor a Xosué: —"Hoxe comezarei a engrandecerte diante de todo Israel, para que se decaten de que estou contigo, como estiven con Moisés.


No día aquel engrandeceu o Señor a Xosué diante de todo Israel e respectárono como respectaron a Moisés todos os días da súa vida.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan