Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 1:13 - Biblia SEPT

13 Mais o anxo díxolle: Acouga, Zacarías, que se escoitou a túa petición, e Isabel, a túa muller, vaiche dar un fillo, e vaslle chamar Xoán.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 1:13
27 Iomraidhean Croise  

Esta é a alianza que eu fago contigo e cos teus descendentes, e que habedes de gardar:


Deus respondeulle: —"Non; Sara, a túa muller, darache un fillo, e poraslle o nome de Isaac. Con el e cos seus descendentes vindeiros establezo unha alianza, alianza perpetua.


Hai cousa que non poida o Señor? De hoxe nun ano, cando eu volva, Sara terá un fillo".


Isaac pregou ó Señor pola súa muller que era estéril. O Señor escoitouno e Rebeca, súa muller, quedou embarazada.


El fai da estéril da casa nai ditosa de fillos. Aleluia.


Douche as grazas porque me escoitas: ti es a miña salvación.


Logo achegueime á profetisa: ela quedou en cinta e deu a luz un fillo. Entón o Señor díxome: "Chámalle de nome Pronto Botín — Rápido Saqueo,


Daquela, díxolle o Señor: "Ponlle de nome Iezrael, porque dentro de pouco pedireille contas á casa de Iehú do sangue vertido en Iezrael e porei fin ó seu reinado na casa de Israel.


Volveu ela a concibir, e deu a luz unha meniña, e o Señor díxolle a el: "Ponlle de nome Non Compadecida, pois non volverei seguir compadecéndome da casa de Israel, senón que lles retirarei completamente (a miña compaixón).


Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará o seu pobo de todos os seus pecados.


De seguida faloulles Xesús dicindo: Tranquilos, non teñades medo, que son eu.


Mais o anxo díxolles ás mulleres: Non teñades medo, ben sei que buscades a Xesús o crucificado.


Pero el díxolles: Non vos espantedes. Buscades a Xesús Nazareno, o crucificado? Non está aquí, resucitou. Mirade o lugar onde o puxeron.


Será para ti gozo e alegría, e moitos se alegrarán co seu nacemento.


O anxo continuou: Non teñas medo, María, porque ti atopaches graza ante Deus;


Os oito días tocaba circuncidar o neno e puxéronlle de nome Xesús, tal como o chamara o anxo antes da súa concepción.


e dixo: "Cornelio, a túa oración escoitouse, e as túas esmolas recórdanse diante de Deus;


E respondeulle o Señor: —"Paz para ti. Non teñas medo, non vas morrer".


O Señor visitou a Ana, que concibiu e pariu tres fillos e dúas fillas. O neno Samuel, namentres, medraba na presenza do Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan