Ninguén poderá estar na Tenda do Encontro, namentres el está dentro facendo a purificación do santuario, ata que saia despois de expiar por si, pola súa familia e por toda a comunidade de Israel.
Pois o Mesías non entrou nun santuario de feitío humano, copia do verdadeiro, senón que entrou no ceo, para poder presentarse agora diante do mesmo Deus a favor noso;
Chegou outro anxo cun incensario de ouro. Púxose ó pé do altar e déuselle moito incenso, para que o ofrecese no altar de ouro, que está diante do trono, coas oracións de todo o pobo santo.