Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 9:9 - Biblia SEPT

9 Os fillos de Aharón presentáronlle o sangue, e el, mollando os dedos nel, asperxeu os lados do altar e verteu o resto do sangue ó pé do altar.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 9:9
14 Iomraidhean Croise  

A sagrada elevación da ara tiña catro cóbados; e do divino fogón saían os catro cornos.


E ti collerás do seu sangue, e untarás con el os catro cornos do altar e os catro lados, o zócalo e o reborde todo arredor, para facer sobre o altar a expiación e mais a súa propiciación.


Sairá de cara ó altar, que está diante do Señor, e fará a súa purificación: collerá do sangue do xovenco e do sangue do chibo, e verterao arredor nas esquinas do altar.


O sacerdote collerá do sangue do animal e cos seus dedos tinguirá as esquinas do altar dos holocaustos. O resto do sangue verterao ó pé do mesmo.


O sacerdote collerá do sangue da cabra e cos seus dedos tinguirá as esquinas do altar dos holocaustos e o resto do sangue verterao ó pé do altar.


Moisés degolouno e, mollando os seus dedos no sangue, asperxeu con el as esquinas do altar arredor para purificalo; verteu o resto do sangue ó pé do altar para consagralo, facendo o rito de expiación por el.


Queimou no altar a graxa, os riles, o unto que envurulla o fígado, sacados da vítima, como o Señor lle tiña mandado a Moisés.


Sacrificou tamén a vítima para o holocausto e os fillos de Aharón presentáronlle o sangue, e el verteuno arredor por riba do altar.


Sacrificou tamén o boi e mais o carneiro para o sacrificio de comuñón do pobo, e os fillos de Aharón presentáronlle o sangue, que el verteu arredor encima do altar.


Efectivamente, conviña que Aquel para quen e por quen todo existe, se quería levar moitos fillos á gloria, levase á máxima perfección por medio do sufrimento o que ía ir á cabeza dos que se salvarían;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan