Todo o pobo, coma un só home, xuntouse na praza que está diante da porta das Augas, e dixéronlle a Esdras, o escriba, que trouxese o libro da Lei de Moisés que o Señor tiña prescrito a Israel.
Un boi e un carneiro para o sacrificio de comuñón, que sacrificaredes diante do Señor, a máis dunha oblación adobada con aceite. Hoxe de seguro hásevos aparecer o Señor".
Reúne ao pobo, homes, mulleres e rapaces, e ao emigrante que vive dentro das portas das túas cidades, para que escoiten e aprendan a respectar o Señor, o voso Deus, e para que procuren cumprir todos os preceptos desta lei.