4 Un boi e un carneiro para o sacrificio de comuñón, que sacrificaredes diante do Señor, a máis dunha oblación adobada con aceite. Hoxe de seguro hásevos aparecer o Señor".
e vin que a gloria do Deus de Israel chegaba da parte do nacente, e o seu ruído era como o ruído de augas caudalosas e a cidade resplandecía coa súa gloria.
O pasaren estes días, o día oitavo e os seguintes, os sacerdotes farán sobre o altar os vosos holocaustos e mais os vosos sacrificios de reconciliación e eu aceptaréivolos benevolamente —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
Fálalles ós fillos de Israel e dilles: Escollede un chibo para o sacrificio de expiación e un xovenco e un año dun ano, ambos sen chata para o holocausto.